Blogia
Andresadas

A bochornosa broma da Cope a Evo Morales

     Descarga aquí o audio da broma da Cope ó governo boliviano

Xa sei que case tódalas canles de televisión e de radio tenden a ridiculizar ó presidente do governo Xosé Luis Rodríguez Zapatero... Iso é algo co que todos nós rimos, meditamos e, en ocasións compartimos... Pero o feito de involucrar a unha persoa axena á broma de xeito que sexa satirizada e engañada, é algo totalmente inadmisible. Imaxinan que pasara algo así, pero na nosa contra? Cun presidente reciba a chamada doutro para felicitalo, pero en realidade é un imitador? É unha total falta de respecto, pero non só o presidente boliviano, senón tamén ós asistentes de Evo  e a súa secretaria, que atenderon de forma correctísima ós locutores da Cope pensando, como era lóxico, que era o presidente de España. Indignante, de verdade...

 

1 comentario

Miguel -

A COPE é ridícula as 24 horas do día. Boba e grosera, cando non dá mostra da beatería máis hipócrita. Sintoniza perfectamente co carácter do catolicismo nacional español e non resulta por tanto extraño que faga cousas coma esta. Se tiveran un mínimo de decencia botarían o día retransmitindo rosarios, novenas e misas como fan as emisoras católicas de Portugal sen ir máis lonxe e sen amolar a ninguén. Pero xa sabemos o aceno amargo da maioría do catolicismo español. Comezan con bromas e insultos e rematan bendecindo aos que sementan as cunetas de cadáveres.